Ultra Trail do Castelo 2023

“OUTOS vales soutos e bouzas!
Hora en que todo é unha sola cousa!”

Uxío Novoneyra, o poeta do Courel

O sábado 4 de febreiro participo na novena edición do Quiroga Trail Challenge, QTC “A Festa do Trail Galego”, que se celebra na localidade luguesa de Quiroga.

Múltiple variedade de distancias as que nos ofrecen, nos que cada participante poderá disfrutar coa súa particular.

Está será a miña cuarta participación no QTC, onde xa tiven ocasión de disfrutar destas fermosas Montañas do Courel na Ultra Trail do Lor 2017, Ultra Trail do Castelo 2020 e Ultra Trail do Castelo 2022.

Nesta edición a Ultra Trail do Castelo conta con 61 km, 6.800 m de desnivel acumulado e un tempo límite de 12 horas e media. 

Tanto a quilometraxe final como a altitude veranse minguadas polo fatídico acontecemento que, ano tras ano, está sucedendo nos montes galegos: os incendios. Considerado o máis grande da historia de Galiza, na Serra do Courel máis de 11.000 hectáres quedaron afectadas o verán pasado.

Co fin de evitar transitar por terreo queimado, a Ultra Trail do Castelo 2023 sufre modificacións con respecto á do ano 2022. A organización, co seu director, Blas Rodríguez, opta por xuntar o Trail do Castelo e Trail de Lor, convertendo a carreira en máis técnica e tendo como principal protagonista a auga do río Lor, que atravesa a Serra do Courel de norte a sur, desembocando no río Sil en Augasmestas, Quiroga.

Teremos ocasión de descubrir outros espazos do Xeoparque Mundial da Unesco “Montañas do Courel”, recoñecido no 2019, e integrado na Rede Mundial de Reservas da Biosfera dende 2021. Estas montañas son testigo da chegada dos romanos fai uns 2.000 anos, onde podemos ver o seu legado presente en 66 castros, 99 minas de ouro e máis de 5 km de canles de auga.

Na liña de saída caras coñecidas as que teño ocasión de voltar a ver unha vez máis; á vez que tamén moi gratificante conversar nestes momentos previos.

O amigo Arturo, onde unha vez máis compartimos quilómetros de carreira, aínda que cada un coa súa celeridade, e ao que non deixo de agradecer detalles que sempre ten comigo. Conseguirá ser primero no circuito QTC na súa categoría. Parabéns!

Albergue de Quiroga. 08:00 h. Ceo despexado o que se pode ver nunha mañá fría e co sol aínda sen saír, cando o speacker Pedro Caro, “Jabalí do Sacho”, da o inicio da Ultra.

Primeiros quilómetros de subida continuada onde rápidamente alcanzamos os 700 m de altitude.

Pouco a pouco o sol fai facendo o seu acto de presenza deixando un fermoso ceo azulado.

Con ascensos e descensos, despois de atravesado o túnel da área mineira de Penafurada, permíteme chegar ata Paradaseca,  km 22.

Seguidamente do avituallamento de Paradaseca, prosigo costa arriba para despois dunha baixada técnica entrar por terreo chairo no avituallamento de San Clodio (400 m), punto central desta ultra.

A partir de aquí, entramos en terreo “xabaril”, onde se conta que un xabaril deseñou a ruta e os ascensos e descensos son contínuos. Estamos en pleno Trail de Lor, pero comezando polo final. Auga e barro; os pasos con cordas e o río espéranme.

Ascenso pronunciado o que fai chegar ata Parteme, logo Xestoso, km 48, onde recibo azos moi especiais do asturiano Joel xunto coa súa muller e outra compañeira, voluntarios un ano máis no QTC. Moitras grazas e unha grande aperta!

Posteriormente unha baixada vertical e volta a subir. O tándem sube baixa é o predominante. A 10 minutos das 5 da tarde, estou de volta en Parteme.

A partir de aquí, encaro os 6 quilómeros finais ata arribar en Quiroga.

Ao lonxe Pedro, o infatigable amigo, máis maduro, recibindo aos participantes. Entro en meta. Son finisher da Ultra Trail do Castelo 2023, despois de percorridos os 61 km desta espectacular ultra e pasadas 9:51:51 h.

Blas seguindo a carreira e dando forzas

O Courel ten algo que o fai especial. A saída, o camiño, a chegada a meta… Esa maxestuosa Natureza… As estampas que quedan gravadas e xa inesquecibles. Se a paisaxe é única, os sentimentos vividos non o son menos.

De todo isto, Blas Rodríguez ten algo de culpa. Cando se fai con corazón, poñendo toda a ilusión de sí mesmo, imposible que o recoñecemento non estea do seu lado. Marcho do Courel lembrando a esa gran señora emocionada vivindo todo en primeira persoa;  cómo o seu fillo consegue transmitir esa alegría, esos azos, esa enerxía, esa coraxe, a cada unha das persoas que estivemos nesta “festa do trail galego”, a Quiroga Trail Challenge 2023. Grazas!

Fotos Quiroga Trail Challenge

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s